Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O médico Emilio González e o presidente de Barreras, Xosé Francisco González reciben os premios Lois Peña Novo

RR_Noticias

A Fundación destaca o seu labor a prol do idioma no ámbito sanitario e empresarial. Premiase tamén ao concello da Estrada pola súa defensa da identidade lingüística. A entrega dos galardóns terá lugar mañá as 20:00 horas no Castelo de Soutomaior

O médico psiquiatra Emilio González Fernández recibe o premio Lois Peña Novo polo seu traballo a prol do emprego do galego no ámbito da sanidade. O xurado da XV edición, presidido polo escritor Xesús Ferro Ruibal, destaca que dende “hai anos escribe as historias clínicas, os informes e as receitas da súa praxe asistencial en galego” nun sistema sanitario no que de xeito sistemático se lles nega aos usuarios “a cultura que está detrás da lingua”.
A Fundación Lois Peña Novo celebrará mañá no Castelo de Soutomaior a XV edición dos seus premios de normalización lingüística nun acto no que se premiará tamén o Estaleiro H.J. Barreras e o Concello da Estrada.
O xurado destacou o proceso de galeguización empresarial que se está a vivir no estaleiro da man do seu presidente, Xosé Francisco González Viñas, que ten posto en marcha unha nova dinámica lingüística que se está a plasmas en cuestión como “a rotulación interna da empresa, a súa páxina web, os servizos de telefonía e as relación coas institucións públicas galegas así como nas relación laborais cos seus propios traballadores”.
Tamén se recoñece a labor do Concello da Estrada como unha das administracións locais galegas que se ven diferenciando dende hai anos “na defensa da nosa identidade cultural e lingüística”.
A entrega dos galardóns será mañá as 20:00 horas nun acto que se desenvolverá no Castelo de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará