A parroquia de Amoedo, en Pazos de Borbén, celebra este domingo día 15 a súa festa na honra a San Amaro. Unha xornada marcada polas actividades de carácter relixioso pero nas que non faltarán as actividades musicais e de animación coa Charanga Radio Tropical e a tradicional verbena a partir das sete da tarde coa orquestra Saudade e o grupo Ritmo. O recinto estará cuberto cunha gran carpa para evitar as posibles inclemencias meteorolóxicas.
A xornada arrancaba coa celebración de misas solemnes cada hora na Igrexa parroquial dende as 9.00 ata as 13.00 horas. Ao redor da unha e media partirá a procesión na que a figura do santo percorrerá os exteriores do tempo acompañada polos veciños.
Os actos relixiosos finalizarán ás 18.00 horas coa celebración da última misa do día. A las 19.30 horas comezará a verbena, que contará coa animación musical da orquestra Saudade e o grupo Ritmo.