Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A soprano Pilar Moráguez dirixe un coro infantil diferente

Pilar y Arabel Moráguez foto 1

Pilar Moráguez é unha soprano e profesora de canto nada en Cuba que recentemente mudouse a Redondela. Aínda que é cubana de nacemento leva 23 anos en España compaxinando a súa carreira profesional como cantante de ópera e zarzuela coa docencia.

No ano 1999 gradúase da Licenciatura en Música especialidade Canto pola Universidade das Artes en Cuba, Instituto Superior de Arte da Habana, con Diploma de Ouro. Despois dunha longa experiencia en teatro e televisión pasa a formar parte do Coro do Teatro Real de Madrid. Na súa carreira como solista e como corista traballou con directores como Riccardo Muti, Miquel Ortega ou Brams Sniekers, entre moitos outros. Ademais de traballar nun dos teatros de ópera máis importantes do mundo cantando de xeito conxunto con grandes como Plácido Domingo, Juan Diego Flórez, Edita Gruberova, Joice dei Donato, Lisette Oroposa ou Javier Carena.

En 2020, como consecuencia da pandemia e o seu amor por Galicia, decidiu mudarse a Redondela onde dirixe o coro infantil no Centro Recreativo e Cultural do municipio. A súa intención é chegar a todo o potencial musical da contorna para crear “un coro diferente”. Actualmente da clases a rapaces e rapazas entre 9 e 17 anos, nunha formación que dista moito do “coro ao uso” con catro voces polifónicas.

 Consisten en clases colectivas, con mestura de idades e co obxectivo de montar pequenos espectáculos onde a xente poida explorar as facetas que destaquen de forma  individual entre cada membro. A súa experiencia no escenario permítelle analizar e prestar atención aos aspectos que cada un queira traballar, porque como ela mesma di “non necesitamos a outro Pavarotti, o importante é gozar da nosa voz e noso corpo que son únicos”.

Os beneficios do canto son innumerables, xa que axuda a desenvolver aos rapaces e rapazas de forma física e mental dunha forma terapéutica. Sobre todo para Moráguez é importante que os máis cativos e cativas practiquen actividades musicais para escapar do uso excesivo que prestamos ás pantallas dixitais.

En definitiva, o canto é unha forma de expresión sa, que temos ao noso alcance grazas a profesionais como Pilar Moráguez e as clases que imparte no Centro Recreativo de Redondela. Ademais do coro infantil, tamén da clases particulares e traballa con persoas maiores, alumnos dos que di estar especialmente orgullosa “pola súa dedicación e esforzo”.

Podedes contactar con Pilar Moráguez a través do número de teléfono 626 10 92 91, na súa conta de Facebook , youtube e páxina web. As clases do Coro Infantil no Centro Recreativo de Redondela están abertas para inscrición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará