Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha zarzuela para lembrar a mítica figura de Xan Carallás

RR_Noticias

O programador cultural do Concello, Suso Ben, presenta na fin de semana unha cantata na que se recolle a lenda do mítico fundador de Redondela. Os rapaces do grupo xuvenil de teatro “Disonada” serán os encargados de escenificar a obra

Dúas oportunidades terán os veciños de Redondela esta fin de semana para asistir á presentación da obra “Xan Carallás”, unha cantata galega escrita e composta por Suso Ben. Unha zarzuela na que se narra a lenda do popular fundador da vila e que será interpretada polos rapaces do grupo xuvenil “Disonada”.
O programador cultural do Concello tardou preto de catro anos en finalizar esta cantata dedicada á Xan Carallás e que chega precedida dun traballo semellante publicado onde texto e música estaban dedicados á leda da Coca.
O obxectivo do autor é completar unha triloxía sobre lendas da vila. De feito está xa a recompilar datos para abordar o seu terceiro argumento que xirará en torno a un personaxe menos coñecido na vila . a vida do astrólogo Margolfo.
A obra representarase o sábado ás 20:00 horas e o domingo ás sete da tarde. O elenco de actores está formado por catorce personaxes que se subirán ao escenario aos que hai que engadir a participación da Coral Alvedosa, encargada de interpretar a parte musical e a presencia da escola de danza de Deborah Alfaya.
Soutomaior
O multiusos de Arcade acollerá tamén mañá sábado ás 20:30 horas a representación de dúas obras a cargo da escola municipal de teatro. O primeiro en actuar será o grupo infantil quen porá en escena a obra “a boa pipa”. A continuación chegarán os “Contadores de historias” a cargo do grupo xuvenil.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará