A Concellería de xuventude celebra hoxe xoves e mañá venres unha nova edición do encontro baixo o título “Entreculturas”
Un total de 70 mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos participan durante dous días no III encontro da xuventude que este ano está centrado na comunicación entre culturas. Así, os participantes traballarán na creación e caracterización de personaxes baseados nas diferentes culturas do planeta.Baixo o título “saboreando o mundo” mañá venres celebrarán unha festa multicultural onde haberá música e gastronomía dos cinco continentes.Condución eficientePor outra banda, a oficina de información xuvenil ten aberto xa o prazo de incrición para participar nun curso práctico de condución eficiente que se vai desenvolver os días 7, 8 e 9 de setembro. os participantes aprenderán a conducir dun xeito máis eficiente para aforrar enerxía o que se traducirá nun aforro económico pero tamén nunha menor contaminación.Para anotarse poden achegarse directamente á OMIX no multiusos de Arcade ou ben chamar ao teléfono 986 700 822