Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior ofrece un obradoiro de Empoderamento Corporal

empoderamento

A Concellería de Igualdade de Soutomaior ofrece unha actividade dirixida ao coñecemento do noso propio corpo practicando técnicas como a respiración, desenvolvendo a atención ao mesmo, e fortalecendo a nosa postura e seguridade corporal.

Unha actividade que arrancará o día 3 de febreiro no Multiúsos de Arcade e que se impartirá todos os venres en horario de mañá de 10:30 a 12:00 horas orientada a mulleres do municipio maiores de 18 anos. Unha actividade de balde que se prolongará ata o mes de xuño e que precisa de inscrición previa a través da páxina web do concello.

O prazo remata o 3 de febreiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará