Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente valora en máis de 200.000 euros os danos causados polos últimos temporais

b900edd8-356b-4887-992c-7394c8e41b1b

A Concellería de Medio Ambiente rexistrou numerosas incidencias cuxo custe de reparación ascende aos 206.600 euros. O goberno local esixe á Xunta que asuma estes gastos e denuncia a ausencia de axudas para o Concello de Redondela nos orzamentos da administración.

Entre os concellos afectados polos temporais do pasado nadal atópase Redondela, con numerosas incidencias como a caída de varios muros en Vilar, Camiño de negros, Camiño Abanca Saxamonde, Camiño Da Costa-Chapela, Nogueira ou o Camiño do Tombo en Saxamonde, así como afundimentos na Rúa Blanco Amor e no Camiño Pedriña-Rande. Ademais disto, existen outras incidencias que aínda non están orzamentadas como afundimentos varios, limpeza de cunetas e sumidoiros ou fochancas nas estradas e rúas.

A maiores, tívose que pechar temporalmente o acceso ó Paseo do Maceiras, por mor da crecida do río. Debido á pluviosidade acaecida no último mes en Redondela, e debido ás crecidas naturais estacionais do río Maceiras, a Concellaría de Vías e obras resolveu pechar o paseo que se atopa actualmente en moi mal estado. Entre outros sucesos, recolléronse incidencias tamén no sistema de augas que viuse superado, saltando varias tapas da rede de sumidoiros.

A Secretaria Xeral do PSdeG de Redondela e alcaldesa, Digna Rivas, denuncia que “estamos cansados de recibir o silencio por resposta por parte da Xunta de Galicia. É competencia directa da administración autonómica facerse cargo dos estragos e as zonas que se viron gravemente afectadas pola situación meteorolóxica. Esiximos unha resposta xa”.

Dende o goberno trasladaron ademais á Xunta o malestar da administración local que “dende o ano 2019, co PSdeG no goberno, non recibiu ningunha axuda por parte do goberno galego” axudas que si existiron no mandato do PP “no ano 2017 a administración autonómica inviste 263.000 euros en Redondela para mellorar instalacións públicas e reparar os danos das inundacións. En total, Redondela percibiu desde 2012 preto de 550.000 euros a través de distintas liñas de colaboración con este departamento que permitiron, entre outros avances, renovar redes de saneamento e abastecemento, recuperar a senda do río Maceira, e mellorar a eficiencia enerxética do concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará