Eduardo Sánchez e a concelleira de Cultura Iria Vilaboa
O auditorio da Xunqueira acollle esta tarde a presentación da segunda novela de Eduardo Sánchez Martínez, “Convite de difuntos”. A obra do escritor vigués volve estar protagonizada polo comisario galaico-arxentino Sandino Sputch, e a illa de San Simón é o principal escenario da trama.
Varias mortes en estrañas condicións alteran a tranquilidade dos veciños de Cesantes. Será tan só o principio dunha espiral de traxedias. O arxentino, en compañía do seu fiel amigo, o sarxento da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra, Carlos Mimbreras, tratará de resolver un asasinato, ademais do enigma dunha misteriosa pantasma que vaga pola illa atormentando a todo aquel que se cruza no seu camiño.
A presentación da novela será hoxe venres, ás 20.00 horas.