Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco consegue a primeira vitoria a domicilio

choco silva

Os goles de Toni, Adri e Caramés deron os 3 primeiros puntos lonxe do feudo redondelá.

Silva 1-3 CD CHoco

O CD Choco viaxaba a terras coruñesas para disputar o duelo contra un rival directo, o Silva SD. Un campo complexo polas súas características as que non está acostumado o plantel choqueiro e ante un complicado e correoso rival. Factores todos eles que a priori xogarían a favor do equipo rival, máis o CD Choco soubo superar todas estas adversidades cun partido que dominou tanto en xogo, posesión do balón e en ocasións.

Nos primeros minutos, os dous equipos tomábanse a medida sin ser capaces de xerar ocasións de gol. A medida que corrían os minutos o CD Choco era quen de chegar con máis contundencia á portería defendida por Adrián Ríos, de feito os de David Pérez intentarían, minutos previos ao primeiro tanto do partido, rómpela saca ao seu favor cunha xogada combinada que non terminaría por finalizar Comis.

Pero a recompensa chegaría no 31 tras unha xogada iniciada por Félix que conduce o esférico dende a metade do campo cun pase a Toni Armada que remata sen miramentos e sube o primeiro tanto ao marcador de A Grela.

Tralo paso por vestiarios o CD Choco mantivo a intensidade, o bo xogo e a determinación de cara a portería e de feito no 51’ marcaría o segundo tanto choqueiro o dorsal 19, Adri, Un gol que fixo levantar das bancadas a afección, que se achegou a terras coruñesas para alentar ao seu equipo, cun tiro dende tres cuartos do campo que atina pola escadra.

O CD Choco tiña o partido de cara máis no 71’ Joao Paulo acortaría distancias logo de que tanto Félix como Samu intentaran aumentar a ventaxa no marcador con sendos tiros.

Eran minutos nos que os dous equipos apretaban até que chegou o terceiro tanto choqueiro tras un tiro de Adri cuxo rexeite recolle Caramés marcando o definitivo tanto do partido. Co 1-3, e sen a penas tempo de reacción, chegaría o final dun partido cuxa vitoria e a primeira a domicilio, a primeira da segunda volta e a terceira da tempada.

O Choco segue de pechacancelas da terceira división, posición que tentará abandonar na vindeira semana cando reciben en Santa mariña outro rival directo, o Arteixo, terceiro pola cola.

Soutomaior 5-0 Deiro

O Soutomaior segue líder na segunda Galicia tras lograr unha contundente vitoria ante o Deiro por 5-0. Os de Jaime Calvar seguen no máis alto do grupo e viaxan na próxima xornada ao campo do Vilaboa, terceiro da categoría co obxectivo de seguir incrementando a vantaxe sobre os seus inmediatos competidores.

Cesantes  2-3 Romay

Peor lle van as cousas ao equipo de Cesantes que esta fin de semana caía ante o Romay. Situados na metade da táboa a próxima cita será cun rival directo, o Monteporreiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará