Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela denuncia o abandono dos ríos por parte de Augas de Galicia

Río Pugariño (1)

O goberno local asegura que a falta de limpeza do Río Pexegueiro foi a principal causante das inundacións que se produciron durante os temporais do último mes e insiste en que o perigo de que volva a producirse a mesma situación continúa “ao non realizar Augas de Galicia a limpeza que lles corresponde nas zonas da súa competencia”.

O goberno local asegura que dende o Concello estase a realizar, a través dunha empresa especializada e contratada dende a Concellería de Medio Ambiente, a limpeza das beiras nos treitos urbanos dos ríos pero que a administración local “carece de competencia fora desas marxes xa que pasa a ser competencia única e exclusiva de Augas de Galicia”. Lembran que foron esas zonas as máis prexudicadas durante os últimos temporais de Nadal “debido ao seu abandono”.

Neste sentido, lembran que se realizaron máis de 10 peticións a Augas de Galicia entre o último trimestre de 2022 e xaneiro de 2023, todas elas sen resposta. Entre as peticións atópase a demanda de limpeza dos Regos no Camiño da Fenteira e no Río Fondón (Trasmañó), así como o Río Pugariño (Chapela) e o Río das Cabras que desemboca na praia de Rande. Tamén se solicitou o mantemento da zona do Camiño dos Frades que conta con dous regos en mal estado e a limpeza do cruce entre o Río Alvedosa e o Maceiras.

A todo isto hai que engadir as peticións de saneamento por vertidos contaminantes. Concretamente, un veciño depositou escombros no Rio Pugariño na zona que linda con Vigo. A asociación veciñal de Chapela denunciou os feitos e o Concello de Redondela abriu un expediente para despois enviar a correspondente petición de saneamento a Augas de Galicia.

Unha vez máis, apunta a alcaldesa Digna Rivas, “a Xunta ignora as recomendacións e peticións do Concello. Este último mes os danos provocados polos temporais ascenden a máis de 200.000 euros e seguimos sen resposta. O Concello de Redondela está cumprindo coa súa labor de limpeza e informar da situación, agora é responsabilidade do goberno galego atenden ás peticións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará