Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de vela na praia de Cesantes

RR_Noticias

Os interesados en participar deberán anotarse antes do día 10 na oficina de Información Xuvenil. O custe do curso é de 16 euros 

A praia de Cesantes acolle a vindeira semana un curso de vela aberto a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 8 e os 35 anos.
O curso desenvolverase dende o luns día 13 ata o venres día 17 en horario de mañá de nove a dúas e unha segunda quenda pola tarde, de catro a oito. O custe do curso é de 16 euros, correspondente ao seguro obrigatorio. Para matricularse deben achegarse á oficina municipal de información xuvenil durante a vindeira semana, xa que o prazo de matrícula é do 6 ao 10 deste mes en horario de mañá
O curso repetirase no mes de agosto, na semana que vai do dez ao 14. As prazas son limitadas a un máximo de 15 persoas en cada un dos horarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará