A Orquestra de Saxos de Redondela arrinca hoxe unhas xornadas masterclass das especialidades instrumentais de piano e clarinete baixo a batuta do pianista Martien Maas, catedrático da Universidade das Artes Fontys, e o clarinetista Raf de Keninck, catedrático de clarinete e director da Desing Academy.
As xornadas formativas desenvólvense no Conservatorio de Redondela desde hoxe ata o domingo, e inclúen dous concertos con entrada libre, un de piano o venres ás 19.00 horas, e outro de clarinetes o domingo, á mesma hora.
Esta actividade inclúese no programa de formación continua que organiza a Orquestra de Saxos en colaboración co Concello, o Conservatorio e a Xingros Big Band.