Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Rande acusado dun delito contra a seguridade viaria

RR_Noticias

Un mozo de 30 anos de idade foi detido na madrugada de hoxe por axentes da policía local por conducir baixo os efectos de sustancias estufacientes e a gran velocidade polo centro da vila, sen respectar os semáforos. No rexistro posterior ao vehículo a policía atopou unha mochila con cocaína.

Os feitos producíronse pasada a media noite cando axentes da policía local observaron como un Peugeot 309 entraba na rotonda de Xeneral Rubín a gran velocidade. O condutor, Diego F.C. de 30 anos de idade, lonxe de deter o vehículo emprendía a fuxida pola Avenida de Santa mariña saltándose un semáforo en vermello. A persecución continuou pola Rúa Picota, a Estrada Campo de Fútbol e o Coto en Cesantes, onde finalizou a fuxida logo de que o vehículo se encaixarse contra o portalón dunha vivenda unifamiliar.
Os axentes do policía procederon a deter ao condutor e a continuación realizaron un rexistro do interior do vehículo onde atoparon unha mochila con sustancias estupefacientes. O detido deu positivo ademais na proba de alcoholemia e no narcotest por consumo de cocaína.
Hoxe será posto a disposición xudicial acusado dun delito contra a seguridade viaria, por desobediencia aos axentes da autoridade e por conducir baixo os efectos do alcol.
Accidente en Chapela
Por outra banda, ás 21:00 horas de onte produciuse un sinistro na Avenida de Vigo en Chapela con dous feridos leves. Un Seat Ibiza, conducido por José Luís L.V. de 78 anos de idades colisionou contra un Peugeot 206. O condutor do primeiro vehículo deu tamén positivo no control de alcoholemia polo que foi trasladado a dependencias policiais en Vigo, os dous condutores implicados no accidente resultaron feridos leves.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará