Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP acusa ao goberno local de “abandonar as parroquias”

parroquias

Asegura que durante estes catro anos “o goberno de Rivas ten deixado as parroquias sen investimentos” e critican que os Consellos Parroquias leven sen convocarse dende o 2019.

Afirman os populares que “é incontestable que en case catro anos de xestión, Rivas ten ignorado as parroquias, malia que nelas viven dous de cada tres redondeláns”. A alcaldesa ten preferido afirma o PP “centrarse en acción de publicidade e autobombo que en cumprir cunha das prioridades que ela mesma anunciou no inicio do mandato”.

Entre as problemáticas que padecen as parroquias de Redondela, e que segundo o PP non se están a atender, estaría o deficiente servizo de limpeza, avarías no alumeado que tardan meses en repararse, nulo mantemento de viais, obras paralizadas, camiños levantados e obras “anunciadas unha e outra vez que e que non se levan a cabo”.

Especial fincapé fai o PP nos Consellos Parroquiais “Digna Rivas e os seus socios de goberno clausuraron estes órganos de participación, anulando a posibilidade de que os veciños e veciñas poida expoñer as súas necesidades”. Explican que ao non térense convocado dende o 2019 tamén se deixaron de investir os 180.000 euros anuais que se destinaban aos orzamentos participativos “en total deixáronse de investir nas parroquias 720.000 euros, ao impedir que foran os propios veciños os que decidiran como e a onde destinalos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará