Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local ampara a urbanización de Pousadouro

RR_Noticias

O Concelleiro de Urbanismo, Emilio González Iglesias, lembra que a urbanización conta con informes favorables da consellería de Política Territorial cando o seu titular era o actual presidente, Alberto Núñez Feijoo e que a edificabilidade prevista “está por baixo do máximo establecido pola Lei”

A decisión da Xunta de rexeitar a modificación das normas subsidiarias na zona de Pousadouro impide realizar un proxecto de urbanización cuxa tramitación se iniciara no ano 2002 e que segundo asegura o edil de urbanismo conta con todos os informe favorables do goberno galego: Patrimonio histórico, Medio Ambiente e Estradas de Galicia. Tamén amparou o proxecto un informe da Consellería de Política Territorial do 2003 “cando este departamento estaba presidido polo actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo”. A Consellería de medio Ambiente rexeita agora a modificación das normas argumentando que o incremento da edificabilidade perseguido polo Concello “non está xustificado” e que a proposta de urbanización introduce “tipoloxías edificatorias incompatibles coas características do contorno” ademais de alterar “a harmonía da paisaxe coa formación de pantallas visuais”. Uns argumentos que González Iglesias rexeita xa que segundo explica “a edificación excesiva contraponse co propio informe da Consellería no que se recolle que a edificabilidade está por debaixo do máximo establecido por lei” Engade que a urbanización se realizaría nunha parcela de 65.000 metros cadrados, dos cales 50.000 destinaríanse a zonas verdes e viais e lembran que un dos motivos que levou ao goberno local a apoiar o proxecto é que no mesmo ”se establece que o 70% das vivendas proxectadas serían de protección oficial”. O proxecto contou no 2002 co amparo dos tres grupos que nese momento conformaban a corporación municipal, PSOE, BNG e PP, unha formación esta última que no 2004 votaría en contra da modificación das normas subsidiarias, imprescindible para a realización do proxecto. A urbanización de Pousadouro en Reboreda contempla a construcción de 14 bloques de tres alturas e 361 vivendas.

Emilio González Iglesias
O edil rexeita os argumentos da Consellería
Emilio González Iglesias
O proxecto contou co apoio de todos os grupos da corporación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará