Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

150 nenos participan da ludoteca municipal en 8 parroquias do Concello

RR_Noticias

A iniciativa, financiada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, está xestionada pola ludoteca Parruliños e promove a educación en valores e os xogos tradicionais

As parroquias contan con este servizo durante os meses de xullo e agosto e no mesmo poden participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.O número de rapaces que asiste de xeito continuado á ludoteca, que funciona nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cidadelle en Chapela, O Viso, Santo Estevo de Negros, Ventosela e Vilar ascende a 150, cifra que segundo explicaa responsable da ludoteca Parruliños, Mónica Cabaleiro, vaise incrementando “grazas ao boca a boca”.A ludoteca desenvólvese en horario de mañá os luns, martes e xoves dende as 11:00 ata as 13:00 horas, dúas horas nas que os cativos realizan actividades como manualidades, obradoiros e xogos tradicionais.Para participar da actividade, que é de balde, os menores só teñen que acudir aos centros culturas e veciñais das parroquias participantes.

Monica Cabaleiro responsable da ludoteca Parruliños
Educar en valores é un dos obxectivos da actividade
Mónica Cabaleiro
O número de participantes ascende a 150 rapaces

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará