Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empate en Santa Mariña no derbi entre o Choco e o Alondras

choco

CD Choco 2-2 Alondras

Partido serio o disputado polo CD Choco no que a afección choqueira puido gozar dun bo encontro no que dende o pitido de inicio os de David Pérez saíron ao campo conscientes do que se xogaban, situados na parte máis baixa da táboa. Con presión alta impedían o xogo do equipo rival e achegábanse á portería defendida por Andrés, máis sen xerar xogadas de perigo que forzasen ocasións de gol.

O primeiro tanto do partido chegaba no minuto 40’ cando o xogador do Alondras, Pablo Salgueiro tras un mal despegue da defensa choqueira aproveitaba para tirar e bater a Cortegoso subindo o 0-1 no marcador. Sen tempo para máis a primeira parte finalizaría coa vantaxe no luminoso para os visitantes.

Tralo tempo de descanso, reiniciaríase o encontro coa mesma tónica que na primeira parte. Nesta ocasión obtería premio o CD Choco no 48’ cando unha xogada que nacía na banda e terminaba por xogarse en profundidade, centrando a Comis que con verateranía controla o esférico no punto de penalti e finaliza cun tiro certeiro ante o que nada puido facer Andrés.

Novamente, xa no minuto 64 o Alondras volvía obter a vantaxe cun gol de Rosillo. Pero o partido seguía vivo. O CD Choco non deu o partido por perdido e sería cinco minutos despois cando Óscar Caramés lanzou un petardazo deixando fora de xogo a un Andrés que non esperaba a xogada por estar moi afastado da súa portería.

Logo do 2 a 2 os dous bloques buscaban o desempate con chegadas a sendas porterías pero sen perigo para os porteiro, quedando en táboas un partido no que quizais o CD Choco mereceu un pouco máis.

Na próxima semana o Choco desprázase ao campo do Ourense UD.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará