Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O poemario Salón de té de Lupe Gómez gaña o XI Premio Manuel Lueiro Rey de Fornelos

ENTREVISTA CON LA ESCRITORA, LUPE GÓMEZ
FUGAS

O xurado do XI Premio de Poesía ‘Manuel Lueiro Rey’ convocado polo Concello de Fornelos de Montes decidiu por unanimidade outorgar o galardón ao poemario Salón de té, texto que se impuxo a outros cincuenta traballos e que unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría da xornalista e escritora coruñesa Lupe Gómez Arto.

Luís Cochón, en calidade de presidente, xunto as vogais Mercedes Queixas, Miríam Ferradáns, Armando Requeixo e Carlos Da Aira acordaron o premio por unanimidade. O xurado considera que o poemario Salón de té destaca polos “seus versos depurados e ben traballados, que nos conducen á beleza e á verdade dun mundo persoal máis tamén común e universal”. En definitiva, “un traballo luminoso e evocador que recrea o personalísimo mundo da poeta de Fisteus”.

A autora percibirá os 2.500 euros cos que está dotado o premio e ademais a súa obras será editada por Xerais. A entrega do premio, que lembra ao escritor fornelense Manuel Lueiro Rey (1916-1990), terá lugar nun acto público no Multiusos de Fornelos no mes de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará