Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR recibe este mércores na bomboneira ao equipo da Cañiza

sar

O pavillón de Redondela acolle este mércores ás 20:30 horas o partido aprazado da Sar Plastic Omnium contra o Saeplast Cañiza. Un partido que chega logo dunha fin de semana sen alegrías no balonmán local, xa que tanto as xogadoras de División de honras como os rapaces da Primeira Nacional caeron nos seus respectivos encontros.

SAR Rodavigo 27 – 29 AD Carballal 

Máxima rivalidade no partido da División de Honra prata disputado na Bomboneira o sábado coas bancadas ateigas de público que animaban ás mozas da SAR no berbi galego fronte ao Carballal. Malia unha moi boa primeira parte na que as locais foron por diante chegándose ao descanso cun 13-10, as redondelás non conseguiron frear a remontada viguesa do segundo tempo. Un Carballal que finalmente se fixo coa vitoria por 27-29. A vindeira cita será no campo do Vigo, un equipo que se atopa nos postos baixos da táboa.

Automanía Luceros 41 – 20 SAR Plastic Omnium

En Primeira Nacional, dura derrota en Cangas cunha SAR Plastic Omnium que caía ante o Automanía Luceros por 41-20. As baixas seguen condenando ao equipo masculinos, que visitou o Gatañal con falta de efectviso e ao balonmán Luceros non lle resultou difícil levarse os puntos do encontro nun partido que rematou co resultado final de 41-20.

A SAR, afundida no pozo recibirá na próxima xornada ao Teucro pero antes, este mesmo mércores, xogan recuperan o partido aprazado ante a Cañiza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará