Yael de Lorenzo Lamas recobiu o primeiro premio do concurso Xuventude Crea 2022, na categoría de Fotografía. Está graduada no Ciclo Formativo de Grao Superior en Fotografía da EASD Antonio Faílde e o xurado seleccionou a súa serie “Mocidade” entre o gran número de participantes. Falamos con ela sobre o futuro profesional da fotografía, os cambios necesarios na educación artística na ESO e Bacharelato e sobre “perder o medo a facer o que te gusta”.