Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP insta ao goberno local a rescindir o contrato do SAF coa empresa Os Ventos

saf bas

Javier Bas acompañado de Sandra Bastos na rolda de prensa sobre o SAF

Entenden que a situación de traballadoras e persoas usuarias do Servizo de Atención ao Fogar, que no que vai de ano xa presentaron máis dun cento de denuncias pola falta de atención e o mal servizo recibido, non permite esperar a que a actual concesionaria remate o contrato o vindeiro 28 de setembro. Por este motivo reclaman que se proceda “de urxencia” a resolver o contrato e, paralelamente, a restablecer o servizo cunha empresa solvente económica e laboralmente.

O candidato popular, Javier Bas, explica que consultados profesionais tanto do ámbito da contratación pública como de servizos sociais, sería posible proceder á resolución do contrato coa empresa os Ventos e contratar unha nova empresa “sendo as traballadoras subrrogadas sen poñer en perigo nin o seu posto de traballo nin tampouco a continuidade do servizo” que reciben actualmente máis de cen veciños e veciñas de Redondela. Instan así á apertura inmediata dun expediente de resolución “máis que xustificado atendendo ás irregularidades cometidas pola concesionaria”.

Javier Bas, candidado PP á alcaldía

Os populares, que esta tarde ás 17:00 horas teñen previsto reunirse con familias usuarias do SAF, explican que lle trasladaron a súa proposta tanto ao goberno local como ao resto dos grupos da corporación e tenden a man a reunirse con Digna Rivas para “buscar de xeito inmediato unha solución a esta problemática”. Por ese motivo poñen a súa disposición “os votos dos nove concelleiros do PP no pleno para acometer estas medidas”.

Entenden que ao recorrer a vía de urxencia e tendo en conta “as gravísimas irregularidades cometidas pola actual concesionaria” se poderían acurtar os prazos adxudicándose novamente o servizo nun par de meses “en todo caso, moito antes de que acabe a finalización do contrato anterior”.

Bas insistía en que “os usuarios non se merecen a deixadez que está amosando o goberno local” e confían en que a alcaldesa “atenda a nosa petición e deixe de perder o tempo nun servizo que é fundamental para moitos veciños e veciñas”.

Lamentan tamén que o expediente de penalidades aberto en setembro “tras meses de denuncias” se resolvese cunha “multa irrisoria, xa que so se tiveron en conta as faltas leves cometidas pola empresa, cando hai constancia de situacións gravísimas”. Neste sentido falaba Sandra Bastos de casos dramáticos, como persoas que quedaron toda a noite nunha cadeira ao non acudir a súa vivenda a persoa que tiña que asealas e deitalas. 

Sandra Bastos, concelleira do PP

Unhas irregularidades que lembran son diarias en diferentes ámbitos como a falta de contratación de persoas que consta no plego de condicións, a ausencia das melloras comprometidas, os retrasos en nóminas e o pago de cantidades erróneas sempre a favor da empresa e, o máis grave, eses usuarios que quedan sin servizo sen explicación algunha.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará