Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior organiza un roteiro á zona do Mosteiro de Oia

mosteiro-oia

A actividade terá lugar o domingo 5 de marzo e a inscrición permanecerá aberta ata o 27 deste mes ou ata esgotarse as prazas dispoñibles, un total de 30.

As persoas participantes no roteiro repasarán a historia local desde a Prehistoria ata a actualidade, visitando a lugares de interese paisaxístico (bosque autóctono, vistas á costa de Oia e o seu Mosteiro), enclaves arqueolóxicos (petróglifos da Pedreira, arredores do castro do Bosque) e outros lugares de interese histórico artístico como o Mosteiro cisterciense de Santa María de Oia e o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polas parroquias de Pedornes e Santa María de Oia. Coñecerán os valores medio ambientais, históricos e culturais da paisaxe natural da zona costeira de Oia, un concello situado na contorna próxima de Soutomaior: ambos pertencen á mesma provincia e ao mesmo xeodestino ría de Vigo-Baixo Miño.

Un roteiro apto para todos os públicos, para gozar ao aire libre cunha actividade saudable, descubrir a riqueza patrimonial dos arredores de Soutomaior e concienciarse sobre a súa fraxilidade e necesidade de preservación.

Máis información na OMIX no teléfono 638822868 ou  no correo electrónico: educacion@soutomaior.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará