A Alameda acollerá na noite de venres e sábado actuacións abertas a grandes e cativos con artistas de Colombia, Inglaterra, Italia e Bulgaria entre outros. A representación galega correrá a cargo do Teatro Viravolta
Músicos, actores, paiasos e showmans presentará esta fin de semana os seus espectáculos na Alameda de Redodnela, A partir das nove da noite do venres e o sábado este espacio converterase nun gran escenario onde poderemos ver performans, concertos, espectáculos de circo e obras de teatro a cargo de artistas chegados de oito países. Trátase de programación do X Festival Internacional de Artistas de Rúa que inclúe o circo italiano de Arturello di popolo, a música romañola de Barroke trío ou o espectáculo circense do Capitán Marabilla. As actuación comezarán ás 21:00 horas do venres. Actuacións ao aire libre que se desenvolverán sempre e cando o tempo o permita