Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rosalía saboréase en Redondela

concello redondela

Un total de seis locais de hostalaría de Redondela ofrecerán unha versión persoal do prato “Caldo de Gloria” baseado no poema de Rosalía de Castro. Esta é, xunto cunha homenaxe popular protagonizada por mulleres na Alameda de Chapela, unha das principais novidades da programación que organiza o Concello dende o Servizo de Normalización Lingüística en colaboración coa Asociación de Empresarios. Actividades culturais, actos institucionais e a proxección da película “A Rosa incandescente” completan unha proposta que se vivirá tamén nas librarías, onde se ofrecerán descontos na venda de libros en galego e se agasallará aos clientes cunha flor.

A programación para celebrar o Día de Rosalía “máis ambiciosa de toda Galicia” en palabras da alcaldesa Digna Rivas, desenvolverase entre os días 23 e 25 de febreiro e busca integrar a diferentes sectores sociais: comunidade educativa, asociación de empresarios e sociedade en xeral para celebrar á escritora símbolo das letras galegas.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

No ámbito escolar proxectarase a película “A rosa incandescente” tanto para alumnado dos IES de Chapela e Redondela, unha actividade que contará cunha introdución do técnico de Normalización, Xurxo González. O día 23 terá lugar o acto institucional na alameda de Rosalía en Chapela.

Unha das datas máis salientable será o día 25 cun espectáculo infantil no Auditorio da Xunqueira ás 12:00 horas e, por primeira vez, celebrarase unha homenaxe popular na Alameda de Rosalía protagonizado por mulleres de diferentes ámbitos. Unha xornada na que actuará a soprano rusa Anna Malikova cun repertorio con obras de Rosalía, Curros e Pondal.

Dende a Asociación de empresarios destacaban que esta programación da continuidade a unha intensa colaboración co servizo de Normalización Lingüística, centrada neste caso en dous sectores como son as librarías e os locais de hostalaría.

Explicaba Julia Alonso, dende a Asociación que o Caldo de Gloria poderase degustar nos establecementos 78 Gastrobar, A Cova, bar Nando, Casa Chano, Don Vinarius e Pizzería Bos Aires, locais ofrecerán este prato dun xeito persoal “como aperitivo, como entrante ou como un prato máis dentro do menú”.

Unha campaña que ten tamén o seu apoio en formato audiovisual “gravaranse vídeos en cada local elaborando o Caldo de Gloria” que se difundirán a través das redes para darlle a maior promoción posible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará