Unha ofrenda floral e a lectura dun manifesto centran as actividades polo Día da Patria en Redondela
O concello celebra este venres un acto institucional na Alameda que estará presidido polo alcalde Xaime Rei e que contará con presencia de tódolos grupos políticos presentes na corporacións.
Como todos os anos, o acto comezará ás 20:00 horas cunha actuación musical que nesta ocasión correrá a cargo da Orquestra de Saxos.
Media hora despois procederase á lectura dun bando municipal e a continuación realizarase unha ofrenda floral ante a estatua de Castelao.