Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior organiza un acto informativo co sector do mar sobre o saneamento da ría

depuradora arcade

O encontro terá lugar este venres ás 20:30 horas no Multiúsos de Arcade. Están chamados a participar a veciñanza en xeral e os sectores marisqueiro e mariñeiro en particular para abordar a situación actual da ría, así como o futuro da Depuradoras e cales son as posibilidades de saneamento que propoñen os nacionalistas para garantir o sustento medioambiental e económico duns sectores claves de Soutomaior e o resto do fondo da ría. O deputado e portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo estará acompañado polo responsable de Infraestruturas e Medio Ambiente do BNG no Parlamento galego, Luís Bará; e a responsable de Pesca e Marisqueo do BNG no Parlamento, Rosana Pérez.

Lourenzo reivindica a importancia do encontro deste venres, no que o BNG presentará as súas propostas de saneamento da ría, “fronte a un modelo do PP que, coa inacción por bandeira, ten como consecuencia as verteduras incontroladas que implican mesmo sancións ao Concello de Soutomaior por parte de Augas de Galiza, unha alta mortandade e sucesivos paróns”.

Neste sentido, lembran que hai unha semana a directora xeral de Augas de Galiza, Teresa Gutiérrez, “confirmou que a paralización do proxecto para a nova depuradora de Arcade, un proxecto anunciado polo PP hai catro anos, traducirase na perda de  dous millóns de euros dos fondos europeos destinados a unha nova depuradora”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará