Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Todos os partidos condenan o ataque contra o monumento da Concheira

franco

O Concello de Redondela adianta que o monumento en memoria das persoas fusiladas por defender a República durante a Guerra CIvil será reparado de xeito inmediato e que “tantas veces como sexa atacado, tantas será rehabilitado”. Os atacantes escribiron con tinta negra sobre a peza de granito o nome do ditador e tamén tacharon parte da inscrición “En lembranza dos homes e mulleres que defenderon a República”.

O Concello condena este novo ataque contra o monumento situado no Alto da Concheira que se producía na noite do 23 ao 24 de febreiro. A alcaldesa, Dignas Rivas, denuncia que “esta barbarie amosa, por riba de todo, a falta de cultura democrática. As persoas que realizaron este ataque movéronse só por odio e vinganza cando o monumento pretende restituír a memoria de persoas que morreron por defender a democracia”. Neste sentido engadía que “en Redondela non ten cabida o fascismo”  e que o monumento será axiña reparado e “tantas veces como sexa atacado, tantas veces será rehabilitado”.

Adiantaba tamén que de cara ao mes de abril realizaranse varios actos co gallo do aniversario da proclamación da República. Actos que incluirán obradoiros infantís de contacontos ilustrados sobre as Misións Pedagóxicas e a representación teatral da Señora de Forcadela.

O condena a este acto chega tamén dende o resto de partidos con presenza na corporación. Así, o PP manifestaba a súa “condena a este vergoñento e deplorable ataque que vai en contra da maioría de veciños e veciñas de Redondela que apostamos, vivimos e transmitimos tolerancia e respecto”.

No mesmo sentido manfiestábase a Agrupación de Electores quen denunciaba “o enésimo e vergoñento acto vandálico na homenaxe aos fusiliados” e engadía que “parece que a algún lles molesta lembrar a memoria dun pobo”.

Dende o BNG insistían en que actos coma este “fannos lembrar que a loita continúa, ao atacar unha escultura que tenta lembrar os represaliados polo réxime fascista de Franco están a lembrarnos que non hai nada conseguido”. Condena rotundamente a formación nacionalista o que cualifica como “accións premeditadas, con clara intencionalidade política, unha nova manifestación fascista en toda a súa dimensión”.

Os atentados contra esta escultura veñen sendo reiterados dende a súa instalación o 14 de Abril de 2021 nun pequeno miradoiro na estrada N-552 entre o Alto da Encarnación e a Ponte de Rande.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará