Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por fraude na reciclaxe de aceite usado

RR_Noticias

En total foron catorce os detidos nunca operación da Garda Civil que permitiu desarticular unha rede que supostamente se dedicaba a cometer fraudes en Pontevedra e A Coruña ao reclamar subvencións pola reciclaxe de aceite    

Todos os detidos, que quedaron en liberdade logo de declarar, estaban vinculados a tres empresas, dúas coruñesas e unha de Mos que se calcula defraudaron máis de 225.000 euros consignando máis residuos do que recollían para así poder cobrar as axudas públicas.
A operación policial desenvolveuse en varias fases e o redondelán supostamente implicado, un transportista de 45 anos de idade, foi detido no pasado mes de xuño xunto a outras cinco persoas, todas elas relacionadas coa empresa de Mos Trasportes Mañas, encargada da recollida e transporte do aceite en todo o sur de Galicia.
As investigacións comezaron en abril do pasado ano cando a Xunta alertou dun posible fraude na recollida de aceite mineral usado nunha empresa de O Porriño.
As pescudas levaron a comprobar que as empresas implicadas na fraude incrementaban as cantidades de aceite usado recollido beneficiándose así das axudas que concede a Xunta, que por cada mil kilos de residuo recollido paga a cantidade de 108 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará