Hoxe é Sábado 21 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos empata e o Redondela FS complícase a vida tras caer ante o Sport Sala

pazos

Fin de semana sen vitorias para os equipos que militan na Terceira división do FS. Neste ocasión o Pazos non foi quen de facerse cos puntos en xogo na súa visita ao campo do Ventorrillo nun partido que acabaría en empate. O Redondela Maramar sitúase na penúltima praza do grupo tras caer pola mínima ante o Sport Sala.

Distrito Ventorrillo 3-3 SD Pazos

Empate a tres goles do primeiro equipo da Sociedade Deportiva Pazos na súa visita a Coruńa. Partido cheo de alternativas no que se lles escapou a victoria a falta de tan só 32 segundos do remate, co gol do empate do Ventorrillo. Na vindeira semana o Pazos, terceiros na clasificación, reciben ao Guitiriz FS.

Redondela FS 6-7 Sport Sala

Peor lle van as cousas ao Redondela Maramar que se complica a permanencia tras caer pola mínima ante o Sport Sala. Os de Redondela visitarán a próxima xornada terras coruñeasa para xogar co 5Coruña.

Campito 5-01 Consorcio os Peares

Na Preferente Galicia vitoria para o Campito que xogou en Chapela co Consorcio Os Peares

Tentando afastarse dos postos de descenso, os de Chapela tentarán na vindeira xornada facerse  con algún dos puntos en xogo na súa visita ao campo do Marin Futsal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará