O olectivo afirma que o secretario xeral do PSdG demostra unha “ignorancia total” do proxecto de Fomento cando afirma que a conexión da autovía co aeroporto vai desconxestinar a AP-9
A plataforma cidadá contra a autovía cualifica de “lamentables” as declaracións de Manuel Vázquez sobre a conexión da autovía A-57 co aeroporto de Peinador. Acusan ao PSdG de “insensibilidade ambiental” e afirman que “as súas declaracións demostran unha ignorancia total do proxecto de Fomento” O secretario xeral do PSdG, Manuel Vázquez, visitou a semana pasada Redondela para dar o seu apoio á construcción da A-57 e a súa conexión co aeroporto de Peinador. Chegou a afirmar nesa visita que “cando o que din os técnicos do Ministerio coincide co que piden os cidadáns, representados no seu alcalde, o demáis é secundario”. Unha afirmación que para os integrantes da plataforma “evidencia unha total ignorancia sobre o proxecto plantexado dende Fomento”. Lembran que fora desestimado dúas veces polo seu impacto social e ambiental aínda que finalmente aprobado. En referencia as declaracións sobre o efecto deste vial na AP-9, a plataforma puntualiza que os propios técnicos de Fomento recoñecen que esta autovía non solucionará o problema de tráfico na ponte de Rande.