Despois do pleno municipal, que se vai celebrar a partir das 20.30 horas, membros da Plataforma contra autovía protagonizarán un peche no salón de plenos do concello de Redondela para manifestar o seu rexeitamento ás declaraciósn de Manuel Vázquez nas que afirmaba que os cidadáns apoian a construcción da A-57.
Os veciños afectados pola conexión da A-57 co aeroporto de Peinador dos barrios do Escredo e a Nogueira, no Viso, encerraranse na casa consistorial despois de asistir ao pleno municipal que se vai celebrar esta tarde a partir das 20.30 horas. Con este acto protesta queren responder ás declaracións que facía a pasada semana o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, na súa visita a Redondela, na que afirmaba que a cidadanía estaba a favor desta autovía. Nos últimos días o colectivo xa puña de manifesto o seu rexeitamento a estas verbas do socialista que consideran demostran “unha ignorancia total, por parte de Manuel Vázquez, sobre o proxecto do Ministerio de Fomento”. O líder dos socialistas galegos afirmaba que a contrución da A-57 permitiría “desconxestionar a AP-9”, algo que nega a Plataforma contra a Autovía, que cualificaron de lamentables estas declaracións e lembran que o proxecto de Fomento fora desestimado en dúas ocasións polos seus prexuízos medioambientais aínda que finalmente saíra adiante.