Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior florece cunha nova edición do Certame da Camelia

festa camelai

A mostra entregará máis de 20 premios ás mellores composicións florais. Está confirmada a presenza de 40 expositores e, un ano máis, a celebración, que terá lugar esta fin de semana os días 11 e 12 de marzo, contará coa colaboración dos comercios de Soutomaior, que adornarán os seus escaparates con esta flor tan característica do inverno.

O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta apreciada flor, converterase de novo no escenario perfecto para un festival referencia na comarca. Máis de 40 expositores xa teñen confirmada a súa asistencia ademais das composicións florais que se poderán gozar en diversos escaparates en Arcade e Soutomaior, tal e como explicaron o aldalde, Agustín Reguera, e a edil de Turismo, Cristina González, na presentación da XXI edición do Certame da Camelia, que se celebrará os días 11 e 12 deste mes.

O Certame da Camelia é un dos fins de semana máis esperados do ano para os afeccionados á xardinaría e a floricultura de toda Galicia e conta cada ano con máis de mil asistentes xa que constitúe unha magnífica oportunidade para gozar dos impresionantes xardíns de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior, os primeiros de España e os sétimos de Europa en recibir esta distinción.

Esta edición conta con varias clases de premios. As categorías da mellor Flor, a Mellor Composición Artística, o Mellor Traballo Escolar, Mellor Flor en Escaparate e mellor Composición Artística en Escaparate contarán con trofeos para as mellores propostas. Por último, entregarase o Premio Especial Lalita Gradín, un recoñecemento nomeado en honra á creadora orixinal do certame.

O sábado o horario da exposición será de 16:30 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde o once da mañá. O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:30 horas do domingo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará