Con pouco máis de vinte anos Manuela Domínguez Rodríguez decidiu poñer en marcha unha empresa de xardinería (Zonaverde Jardinería). Afección e traballo foron da más neste anos nos que moito cambiou a súa vida e tamén a súa forma de enfrontarse ao día a día. Recoñece que nos seus inicios sentíase insegura ao ter homes entre os seus empregados algo que xa non lle acontece. Ter fillos supuxo tamén moitos cambios “cambiar as prioridades” pero foi quen de compatibilizar as responsabilidade de ser nai coa de ser empresaria graza tamén á axuda da familia.
Na súa profesión decátase da existencia de micromachismos “os clientes moitas veces diríxense inconscientemente aos meus empregados e non a min polo feito de ser muller”. Tamén revela a pervivencia de prexuízos moi estendidos “dáse por feito que as mulleres non van ser quen de facer traballos de forza e que eles están menos capacitados á hora de deseñar un xardín”.
Hoxe acompáñanos na sección As mulleres contan que a Rado Municipal emite en colaboración coa Concellería da Muller.