Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior é o concello cos salarios e as pensións máis baixas de toda a ría de Vigo

soutomairo

O INE sinala que os fogares de Soutomaior teñen os peores salarios de todos os concellos da ría de Vigo e no caso das pensións, presentan as segundas peores de toda a provincia de Pontevedra, só por detrás do Grove.

Fronte a concellos como Moaña no que as familias teñen salarios de 7479€ por persoa e ano, Vilaboa (7433 €) ou Redondela (7680€) no caso de Soutomaior as familias apenas acadan os 7337 euros por persoa ao ano. Ademais dos salarios máis baixos, os fogares de Soutomaior son tamén os que teñen as segundas peores pensións de toda a provincia de Pontevedra. Se unha familia de Bueu ingresa 4176 euros por persoa e ano e unha de Vilaboa 3823 €, no caso das familias de Soutomaior fican en 2990 euros, case mil euros menos por persoa e ano que os veciños de Vilaboa, e cun dato que é o segundo peor de toda a provincia de Pontevedra (só por detrás de Ogrove)

Pola contra, o único dato no que o concello de Soutomaior está á cabeza  é nas prestacións por desemprego. As familias de Soutomaior cobran 843 € polos seus familiares que están no paro cada ano, fronte aos 658 € de Vilaboa ou os 720€ de Moaña, algo que se debe ás maiores cifras de desemprego existentes en Soutomaior comparada co resto dos concellos da contorna.

Uns datos que para o BNG son consecuencia das políticas do goberno local que “28 anos do PP converteron Soutomaior nun dormitorio, sen industria, sen comercio local e coa ría soportando verquidos constantes. O resultado é este: os salarios máis baixos da ría e as pensións máis baixas da provincia, e as que máis prestacións por desemprego cobramos, unido a unha produción de riqueza das máis baixas de toda a provincia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará