Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente nega que as praias están sucias e que non se recolla o lixo

RR_Noticias

O concelleiro de Medio Ambiente asegura que os areais se limpan todos os días e que a acumulación de lixo nos colectores débese a que os veciños non cumpren a normativa municipal nesta materia.

Despois das críticas que esta semana manifestaban nos micrófonos desta casa os veciños de Redondela, o responsable da Concellería de Medio Ambiente e Tenente de alcalde, Carlos Pazos, afirma que os areais redondeláns están en bo estado e que o servizo de limpeza traballa diariamente para manter limpas as praias. Os usuarios de Arealonga e a praia de Cesantes denunciaban que na area pódense atopar desde cristais ata plásticos e lixo, ademais de numerosos algas. Pazos recoñeceu que Redondela, pola súa situación, recolle un maior número de algas que os concellos da contorna e por iso os servizos de limpeza teñen unha carga de traballo maior, malia todo considera que as praias son perfectamente aptas para o baño. En canto ás queixas pola recollida selectiva do lixo e nas zonas dos arredores do centro urbano da vila, o nacionalista lembra que Redondela supera o ratio de colectores establecidos para a reciclaxe e afirma que o lixo recóllese diariamente salvo nas parroquias da contorna que se fai tres veces á semana en días alternos. O concelleiro culpa a xente de que os residuos se acumule nos colectores xa que non cumpren a ordenanza vixente nesta materia, na que se establece que o lixo debe depositarse nos colectores de 20.30 horas a 23.00 horas todos os días menos os domingos e días festivos. Os veciños acusaban ao concello de non poder reciclar porque os colectores estaban cheos e apuntaban que na zona da bisbarra o lixo acumulábase durante varios días provocando malos cheiros.  

Carlos Pazos limpeza praias
O concelleiro nacionalista afirma que as praias están en bo estado e que se limpan todos os días.
Carlos Pazos recollida lixo
O responsable de Medio Ambiente afirma que a culpa da aumulación do lixo é dos veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará