Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera acusa ao BNG de terxiversar os datos sobre as pensións e a renda da veciñanza de Soutomaior

souto

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, respondeu ás últimas declaracións do BNG sobre a renda e o salario no municipio. Uns datos que, segundo indicou o rexedor “están completamente fóra de contexto e non reflicten en absoluto a realidade do municipio”.

Neste sentido, Reguera lembrou que Soutomaior é o terceiro concello con menor porcentaxe de poboación maior de 65 anos, o segundo con maior porcentaxe de menores de 18 anos e o vixésimo en renda media e en pensión media, de toda a provincia. “Son datos de poboación irrefutables e que calquera concello quixese ter. É moi triste que os nacionalistas tenten terxiversar a fortaleza de Soutomaior para enganar aos veciños”, afirmou o alcalde.

Desta maneira, indicou que O BNG manipula as cifras da renda e a pensión media converténdoas nun cálculo per capita. Con esta forma de realizar os cálculos, asegurou, “están a incluír no cálculo das pensións a todos os nenos e nenas, co que, loxicamente, o importe por cabeza é moito máis baixo que en Concellos onde non xente nova e hai moitos pensionistas”.

Do mesmo xeito, Reguera continuou explicando que “os nacionalistas realizan a mesma operación no cálculo da renda por persoa cando o dato que reflicte a realidade dos veciños é a renda media por fogar. É lóxico, os nenos e nenas non traballan. Non suman no cálculo da renda”.

Por último, o rexedor apuntou que “ter que xogar a manipular as cifras é a mellor proba de que a oposición non dispón de argumentos reais contra o goberno local”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará