Tres mil euros será o orzamento que destine o goberno local a este proxecto que ten como obxectivo fomentar o uso e difusión do galego en Redondela.
Mañá martes o Concelleiro Delegado de Normalización, Carlos Pazos e a Secretaria Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, Iria Taibo Corsanego, asinarán á unha da tarde a renovación do convenio de colaboración entre a Mesa e o Concello de Redondela. Deste xeito a Mesa comprométese a colaborar no proceso de normalización lingüística de Redondela realizando tarefas de asesoramento e subministración de información, así como do material que edite na súas campañas, entre outros servizo. Para iso o Concello aportará un orzamento de 3.000 euros, a mesma cantidade que o ano pasado.