Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior inviste 87.000 euros na expropiación dos terreos para o novo centro de saúde

pleno souto

O pleno da corporación municipal aprobou, cos votos a favor do PP e a abstención do BNG, o inicio do proceso de expropiación das 15 parcelas necesarias situadas fronte ao IES Soutomaior nas que se asentará o novo ambulatorio. O custo da adquisición dos terreos ascenderá a 87.027,98 euros que serán financiados exclusivamente con fondos municipais.

A superficie total do quince parcelas alcanza os 7.655 metros cadrados. Espazo suficiente para un centro de saúde moderno, versátil e funcional que permita satisfacer sobradamente as necesidades do municipio”, engadiu o alcalde Agustín Reguera tras explicar que o centro contará cunha superficie construída de 1500 metros cadrados e máis de 6000 metros dedicados a zonas de aparcadoiro e servizos.

Este centro substituirá ao actual ambulatorio de Arcade e ao consultorio de Soutomaior, polo que terá capacidade suficiente para acoller a novos médicos que alivien a situación da atención sanitaria no municipio.

Outras mocións

Do mesmo xeito, o pleno da corporación municipal tamén aprobou, nesta ocasión por unanimidade, as mocións presentadas polo Bloque Nacionalista sobre educación e defensa da sanidade pública. Un voto favorable que o alcalde justificou indicando que “a mellor defensa da sanidade pública no municipio que podemos lograr é a construción do novo centro de saúde”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará