Arranca hoxe a XXXV edición dunha cita gastronómica que tradicionalmente reúne a máis de 30.000 asistentes, cifra que o Concello espera superar nesta edición grazas á coincidencia de datas co inicio da Semana Santa. A celebración arrancará hoxe ás 23:00 horas ao ritmo da osquetra Assia. As casetas de degustación abrirán ao meidodía do sábado e o día grande, o domingo, a lectura do pregón correrá a cargo da actriz e presentadora Lucía Veiga.
Declarada Festa de Interese Turístico no ano 2002, o recinto da festa instalarase no aparcadoiro do Peirao de Arcade e as ostras despacharanse a un prezo de 10 euros para a ducia de moluscos ao natural e de 8 euros para as racións de empanada. Ademais, como acompañamento poderanse adquirir botellas de viño albariño procedente do tres adegas do municipio.
Unha celebración de gran relevancia para a economía local xa que supón un gran pico de actividade para os máis de 15 establecementos hostaleiros que participan no evento.
A programación arranca hoxe venres coa actuación da orquestra “Assia” ás 23:00 horas. O sábado 1 as casetas abrirán as súas portas a partir das doce do mediodía para atender aos primeiros visitantes que gozarán da animación musical da charanga A cabeza non para. Xa pola noite, celebrarase a tradicional verbena nocturna coas orquestras Olympus e Paris de Noia. Ademais, á medianoite, terá lugar a clásica tirada de fogos artificiais desde a praia do Peirao de Arcade.
O domingo 3, día grande dos festexos, as casetas de venda abrirán as súas portas mentres as bandas de música Artística de Arcade e Cultural de Arcade, a partir das 11:00 horas. Ás 13:00 horas terá lugar a Lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo da actriz e presentadora do programa Malicia Noticias, Lucía Veiga. A partir das 18:30 horas será a quenda para a música coa actuación da charanga 112.