Lidia Villalón é unha artista plástica e deseñadora gráfica de Redondela. Vén de estrear a exposición “Disartist” no Café Cowork de Redondela, unha mostra das súas pezas máis persoais nas que mestura influencias da cultura galega a través das meigas, o feminismo, a psicoloxía, a ciencia ficción e a literatura. Tamén podemos atopar pezas marcadas por unha clara denuncia social e crítica á gerra.
A súa obra destaca por ter mensaxes con forza e mesmo escritos tipográficos que recordan ás cores e o estilo “póster” dos anos 90.
Podedes atopar e mercar o seu traballo directamente no Café Cowork de Redondela ata o 14 de maio ou no caso de non poder achegarte, a través do seu instagram @lidiavillalon_studio .