Alexandre Cancelo é un cineasta vigués que forma parte do primeiro grupo de creadores e creadoras que participa no laboratorio creativo Conecta Lab na Illa de San Simón.
Cancelo traballará nun proxecto de longametraxe de ficción que xoga co documental chamado “Grimsey”, nome dunha pequena illa a 40 quilómetros e a parte habitada máis ao norte de Islandia. Falamos con el da experencia e dos obxectivos que ten marcados neste laboratorio creativo para rematar o guión da súa próxima película.
Para máis información sobre Conecta Lab: San Simón acolle un laboratorio de cine.