Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto de reposición de viais en Chapela e Trasmañó atenderá todas as demandas veciñais

reunión

Así o aseguraba a alcaldesa, Digna Rivas logo de reunirse na mañá de hoxe con responsables de Audasa e as asociacións de veciños de ambas as dúas parroquias para presentar o proxecto de reposición dos viais. Un proxecto que se formalizará en maio e no que se contemplan “todas as alegacións e melloras solicitadas” para unha correcta compensación polas viais danados coa ampliación da autoestrada.

As obras contan cun orzamento do Ministerio de Transportes de  4,1  millóns de euros e inclúen a adecuación e mellora dos camiños de Piñeiral, Penisal, Torreiro, Camiño da Igrexa, Oliveira e Pasán mediante a reposición de firme, servizos urbanos e de saneamento, a disposición de beirarrúas, a creación de zonas axardinadas e sendas peonís que garantan a seguridade das e dos viandantes así como a renovación do Camiño Mouriño.

Doutra banda, o proxecto dota de continuidade ao Camiño da Igrexa ata a rúa Pasán, para o que será preciso ampliar a pasarela peonil de Chapela que cruza a AP-9.

Aténdense tamén peticións reiteradas da veciñanza como a creación dunha praza empedrada no contorno da Igrexa como punto de encontro parroquial, a renovación do Parque Infantil na zona e  a recuperación da Fonte Cornido.

No que atinxe á contorna do IES de Chapela, adecuarase a contorna mediante a disposición dunha dársena para subida e baixada de estudantes que viaxan en vehículos particulares e que, na actualidade, carecen de espazo habilitado na Avenida de Redondela para realizar esta operación.

Outras actuación incluída na obras é o arranxo da Ponte de Trasmañó no que fai referencia a súa accesibilidade cara a N-552 de xeito que mellore as súas condicións de seguridade e de comodidade.

O proxecto inclúe as necesarias actuación de integración ambiental, estética e paisaxística e é compatible coa actuación de disposición das pantallas antirruído nese tramo, proxecto que se está a desenvolver de xeito paralelo.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que se reunía na mañá de hoxe con representantes de Audasa, as Asociacións de veciños de Chapela e Trasmañó e amosou a súa satisfacción ao anunciar un proxecto final que recolle tódalas alegacións feitas polos mesmos colectivos para unha correcta compensación polos viais danados e asegurou que con este proxectro “queda demostrado que os compromisos que adquire o Goberno de Pedro Sánchez, non quedan en palabras baleiras ou boas intencións, senón que se cumpren”.

A reunión celebrouse sen a presenza da Asociacion de afectados pola AP-9, quen declinaron a invitación por entender que se trataba “dun paripé” pola proximidade das eleccións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará