Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Millo Verde pon a venda as entradas para o festival do verán e celebra a final do concurso de maquetas

millo verde

O Millo Verde celebra este sábado día 15 na feira do gando a final do seu concurso de maquetas no que ademais das bandas finalistas, Vértebras e Belaé, actuará a banda redondelá Chocolate Sexy e Os Vacalouras. O gañador farase cun oco no cartel do Festival que se celebrará en xuño e que neste 2023 chega a súa XVI edición cunha novidade: por vez primeira cobrarase entrada para os concertos co obxecto de sufragar os gastos da organización. Os bonos teñen un prezo de 20 euros e permitirán o acceso a todos os concertos.

A Feira do gando acolle este sábado 15 a partir das 21:00 horas a final do concurso de maquetas no que as dúas banda finalistas Vértebras e Belaé tentarán facerse cun oco no cartaz do XVI Festival Alternativo Millo Verde que se celebrará os días 1, 2 e 3 de xuño na Praia de Cesantes. A festa arrancará cun concerto da banda redondelá Chocolate Sexy e rematará cos Os Vacalouras. A entrada custa 5 euros e inclúe unha consumición así como o dereito a votar por unha das finalistas.

Entradas para o Festival

Por outra banda, os organizadores xa puxeron en marcha a venda de entradas para o festival do verán ao tempo que van desvelando os grupos que participarán nos tres días de concerto: Grima, Rebeliom do inframundo, Francisco el Hombre, Eskorzo, Trikosis, Superoito, Bia Ferreira, The Fat Badgers, Angry Zeta, Treintañeras Cañeras, Xenderal e Jay-Roon & The Smooking Machines, son algúns dos nomes xa publicados.

Un festival que por primeira vez cobrará entrada, unha decisión que argumentan polo crecemento exponencial do festival nos últimos anos “chegando na última edición a un récord de asistencia”. Un feito que supón “un aumento dos custos en xeral, tanto de produción como de loxística o que obriga a dotar ao festival de maiores medidas de seguridade, de poder contar con persoal sanitario ou de mellorar todo aquelo que sexa necesario para poder seguir ofrecendo un evento de alta calidade e á altura das expectativas do noso público”. Todo iso tradúcese na necesidade de contar con maiores recursos económicos para organizar o evento. En todo caso, o obxectivo é que o festival siga sendo accesible polo que a entrada terá un prezo de dez euros por día. De feito, xa se poden comprar os bonos para as xornadas de venres e sábado por 20 euros, mentres que a entrada aos concertos do xoves serguirá sendo de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará