Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Pedro Floriani “declárase” republicano

monarquia vs república

A comunidade educativa do centro celebrou na mañá de hoxe un referendo para elixir entre monarquía ou república, unha iniciativa do alumnado de 2º de Bacharelato no marco da materia de Historia de España coa que se conmemorou tamén o 92 aniversario da proclamación da II República de 1931. Os apoios a república con 245 votos duplicaron as papeletas que defendían a monarquía (131 votos) como forma de goberno.

Un total de 408 persoas participaron neste referendo organizado polo alumnado do centro e que se resolveu con 60% dos votos a favor da república e un 32% a favor da monarquía, con 13 votos nulos e 19 en branco.

A iniciativa partíu do propio alumnado que se encargou da organización da votación así como das actividades previas entre as que se incluíu un debate celebrado onte no que se enfrontaron os defensores de detractores de cada unha das propostas poñendo sobre as mesa os pros e contras das dúas opcións.

A iniciativa enmárcase nun plano de aproximar o estudo da Historia desde unha perspectiva participativa, crítica e, dentro do posible, vivencial e que, unha vez coñecido o resultado, podería traducirse en novas actividades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará