Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto presentación do novo disco de Airiños da Peneda “Sorrisos no ceo”

airiños da peneda

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado ás 20:30 horas a presentación do novo traballo da formación do Viso “Airiños da Peneda”. Unha formación musical que nacía no ano 2006, presentando dez anos despois o seu primeiro disco “Cantigas da Peneda”. Agora chega o seu segundo traballo “Sorrisos no ceo” dedicado ao gaiteiro e cofundador do grupo, Manuel Collazo.

Vinte homes e mulleres que traballan arreo para poder coordinar ensaios, traballo e vida familiar co obxecto de levar adiante a súa paixón, a música. Logo de moitos anos en activo presentan agora o seu novo traballo, cuxa gravación se viu posposta debido a pandemia pero que finalmente é unha realidade.

Un disco composto por temas propios e adaptacións de cantigas populares, un total de 14 cancións que se poderán escoitar no concerto deste sábado no Multiúsos.

Manolo Collazo, membro do grupo

Explica un dos seus integrantes, Manolo Collazo, sobriño do gaiteiro ao que lle dedican o disco, que suplen con sacrificio, esforzo e entusiasmo as posibles carencias que poidan ter ao tratarse de cantantes non profesionais “cantar non é doado, pero o resultado é bo grazas ao intenso traballo que hai detrás”.

Confían en que este traballo, financiado con fondos propios a través das actuacións que van facendo ao longo do ano, sexa todo un éxito “porque a música tradicional está en auxe” e convidan a todos os veciños e veciñas a achegarse a este concerto. O aforo é de balde pero compre retirar entrada a partir das 16:30 horas no propio Multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará