Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Cabanas enfróntase a 17 anos de cárcere por agresión sexual

RR_Noticias

Os feitos producíronse en decembro do 2007 cnado supostamente o acusado tería agredido sexualmente a unha anciá de 87 anos logo de acceder á súa vivenda por unha fiestra 

17 anos de cárcere para un mariñeiro de Redondela por unha suposta agresión a unha anciá. Esta é a pena que solicita o fiscal para este veciño do barrio de Cabanas, un mariñeiro coñecido como “O Fin” que segundo a acusación tería agredido sexualmente a unha octoxenaria na madrugada do 11 de decembro do ano 2007 logo de entrar na súa vivenda por unha fiestra.
O acusado recoñeceu ante o xuíz ter sido autor das lesións que presentaba a vítima, unha muller de 87 anos de idade, si ben negou a agresión sexual e asegurou que só pretendía roubar na vivenda.
A vista oral, quese iniciará o vindeiro 16 de setembro na Sección Quinta da Audiencia con sede en Vigo, prolongarase durante catro xornada ante o elevado número de testemuñas, forense e peritos que teñen que declarar. O fiscal solicita para o acusado unha pena de 17 anos de prisión, oito meses de multa a 12 euros diarios e 12.000 euros de indemnización.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará