Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS confía en celebrar o seu 30 aniversario ascendendo a Segunda B

328667565_718808703117596_1982433274986444749_n

O equipo de Pazos de Borbén móstrase imparable tras asegurar matematicamente a súa participación no Playoff antes de rematar a liga. Esta tempada demostraron a súa fortaleza cuns resultados positivos que os sitúa nestes momentos no cuarto posto da táboa da Terceira División de Fútbol Sala.

Aínda que o último partido baixaron o ritmo, perdendo de 6 contra o Sport Sala, levan toda a tempada mantendo bos resultados. Suman 16 vitorias, 3 empates e 9 partidos perdidos no que vai de liga, números que confirman a súa superioridade de xogo. O adestrador, Fran Amoedo, considera que o equipo está preparado para enfrontarse a grupos de maior categoría.

O ascenso dispútase entre os equipos conformados dende o segundo ao quinto posto. O  modelo do Playoff consta dunhas semifinais galegas onde o vencedor destes 4 equipos enfrontaranse a dobre partido co campión asturiano, o Racing de Mieres. É dicir, necesitan vencer 3 eliminatorias para conseguir a vitoria.  Amoedo ten claro que non vai ser doado, pois a estes niveis están moi igualados.

En canto a condición física dos xogadores, o adestrador admite que o equipo conta con varias lesións acusadas. Concretamente Joni, un dos piares do equipo, ten unha rotura de fibras que complica a súa incorporación ao Playoff. Sen embargo, o técnico confía plenamente no conxunto do grupo para conseguir os obxectivos propostos.

A cita máis próxima que ten o Pazos FS é na casa o 30 de abril ás 20:45 h contra o Coruña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará