Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de “Camerata Viguesa” no Multiusos de Redondela

RR_Noticias

A Camerata Viguesa ofrece un concerto este venres ás 20:30 horas no multiusos da Xunqueira nunha actuación na que estará acompañada de catro alumnas do conservatorio Nacional de Música Edward Said de Jerusalém

  O mulitusos da Xunqueira acollerá este venres día 4 un concerto a cargo da agrupación Camerata Viguesa baixo a dirección do violinista e profesor cubano, Armando Toledo. Trátase dunha agrupación formada por unha orquestra infantil, con nove violíns e un violonchelo e unha orquestra xuvenil, con 16 violíns e un violonchelo que nos presentarán un repertorio que percorrerá a música barroca, clasicista e romántica ata chegar á música do século XX. Escoitaranse no concerto temas de Vivaldi, Bach e Haendel e Mozart, entre outros. Nesta ocasión subiranse tamén ao escenario catro alumnas do Conservatorio Edward Said de Xerusalén, Nivin K. Y. Alatrash, Hiba G.B. Lama, Allen Nurad Rasheed Masoud e Rosee N. J. Salman, quen participan estes días nun curso organizado pola Camerata Viguesa, becadas por esta asociación músico-cultural. O concelleiro de cultura, Eduardo Reguera explicaba que con este programa de concertos que está a desenvolver a formación por toda Galicia queren financiar tamén o traslado destas alumnas. O concerto celebrarase o venres ás 20:30 horas no multiusos

Armando Toledo
O director de Camerata Viguesa fálanos do repertorio
Eduardo Reguera
O concelleiro anima aos veciños a acudir ao concerto do venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará