Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado de Redondela recibe formación en ciberseguridade

Digna Rivas no acto de entrega de diplomas de ciberexpertos[43362]

A Policía Nacional, a través da Delegación de Participación Cidadá da Comisaría Vigo-Redondela, fixo entrega á mocidade de Redondela dos diplomas e carnés de ciberexperto ao alumnado de sexto de primaria que participou nas charlas de formación preventiva en novas tecnoloxías. Impartidas por expertos estas charlas tiñan como obxecto que a rapazada sexa quen de identificar e evitar os riscos que implica o uso de internet.
Un total de 267 alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria de todos os centros educativos de Redondela recibiron esta semana os carnés de ciberexpertos tras participar nunha sesión formativas impartidas pola Policía nacional nas que se abordaron cuestións vencelladas coa ciberseguridade.
Para obter o carné os estudantes tiveron que superar un cursos de cinco horas lectivas nas que entre outras cuestión se abordou o ciberacoso, a suplantacións de identidade, o grooming, o sexting, as tecnoadiccións, as normas para manter a privacidade dos usuarios así como recursos e consellos para realizar unha navegación segura.
O acto de entrega celebrouse onte no Multiúsos da Xunqueira e estivo presidido pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acompañada polo xefe superior de Policía de Galicia, Ramón Gómez Nieto, o comisario provincial Juan José Díaz , o comisario de Vigo Redondela, Ramiro José González e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará