Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Récord de infraccións para un condutor en Chapela

poli

Ao condutor, detido na madrugada de hoxe na parroquia de Chapela, impútanselle un total de 8 delitos relacionados con diferentes ilegalidades na condución, segundo informa a Policía Local de Redondela, batendo así o récord de multas nun só atestado no que vai de ano.

Os feitos producíanse na madrugada de hoxe cando os axentes déronlle o alto a un vehículo que circulaba pola Avenida de Redondela. Ao decatarse de que se trataba dun control de drogas e alcohol, o condutor, un veciño de Vigo de 59 anos de idade, xirou en liña continua para cambiar o sentido da marcha e darse a fuga.

Finalmente o condutor sería detido na Avenida de Vigo comprobándose que conducía ebrio xa que deixou un resultado positivo de 0,86 e 0,84mg/l

Investigado por un delito contra a seguridade viaria e por conducir superando a taxa de alcohol permitida ao volante, tamén foi sancionado por outras seis infraccións ao negarse a realizar as probas de drogas, circular sen o seguro obrigatorio en vigor, circular sen ITV ao día e facéndoo ademais co permiso caducado e retirado temporalmente así como por xirar nunha liña continua sen causa xustificada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará